4 e 5 Maio - Mondoñedo

III EDICION 2024

III EDICIÓN - ESPECIAL ANO OLÍMPICO

Programa base:

1 setembro - Apertura de inscricións (tramo I - gratuítas)

30 Outubro - Fin de Tramo I (gratuito)

31 outubro a 4 Novembro - Tramo "tuit chagui" 3€ / deportista

SEMANA DO EVENTO:

29 novembro - Secretariado, acreditacións e aperturad do pavillón para adestramento de equipos

30 NOVEMBRO - SÁBADO

- Técnica / poomsae : Prebenxamín a Xunior

- Inicio ás 08:30

- Pesaxe competidoras

30 NOVEMBRO - SÁBADO

- Combate: Cadete e Xúnior 15:00

- Combate pesos olímpicos absoluto: 16:00

CLAUSURA EVENTO E ENTREGA DO PREMIO ESPECIAL

III COPA IBÉRICA

-CONCELLO DE MONDOÑEDO-

TÉCNICA & COMBATE

INTRO:

A Copa Ibérica Feminina de taekwondo é unha competición federada na modalidade de taekwondo incluída no calendario oficial da F.G.T destinada a visibilizar o deporte feminino nun contexto integral. O evento nace da promoción deportiva do Club de Taekwondo Vilalba Jansu, a Federación Galega de Taekwondo e o Club Deportivo Biosbardo, sumándose o patrocinio privado de O Petisco así como a nivel institucional o Concello de Mondoñedo, a Deputación de Lugo e a SXpD da Xunta de Galicia.

Toda a información do evento, resultados, loxística, colaboradores, restauración, etc. estará aloxada oficialmente en www.taekwondofemenino.com

ARTIGO 1 – A COMPETICIÓN:

O evento despútase en xornada única. O sábado 30 de novembro terá lugar a modalidade de técnica en xornada matinal, sendo a xornada de tarde a destinada ás competicións de combate. Ámbalas dúas xornadas desputaranse no Pavillón Municipal de Mondoñedo, Cam. San Antonio, 27740:

https://maps.app.goo.gl/iC2Wj6UwRLsoukTf8

ARTIGO 2 – CALENDARIO:

INSCRICIÓNS:

Inicio inscricións 1 setembro 2024

Fin inscricións 4 novembro 2024

CUOTAS DE INSCRICIÓN:

Tramo libre: 1 setembro a 30 outubro – CUOTA DE 0€

Tramo "tuit chagui": 31 outubro a 4 novembro – CUOTA DE 3€

COMPETICIÓN:

Venres 29 – Recepción de equipos, secretaría e acreditación

Sábado 30 a partir das 8:30 – Competición de técnica

Sábado 30 a partir das 15:00 – Competición de combate

ARTIGO 3 – CATEGORÍAS DE IDADE:

3.1 – Técnica. Serán as categorías oficiais da tempada 2024 para deporte escolar, dende prebenxamín ata xuvenil

3.2 – Combate. Idades e pesos oficiais das categorías WT para cadete e xuvenil máis Categorías OLÍMPICAS de combate absoluto.

3.3 – Excepcións cadetes: As deportistas de 'último ano' cadete poderán ser inscritas como xuvenís coa autorización técnica da súa adestradora.

3.4 – Unha mesma deportista non poderá duplicar inscrición nunha mesma xornada.

3.5 – Poderán inscribirse deportistas federadas en vigor de España, Portugal e Andorra con licenza 2024 en vigor.

ARTIGO 4 – PROTECCIÓNS:

Sistema de protección oficial de competición WT. O sistema do fabricante "Daedo" será o utilizado na competición, baixo o control das xuízas da FGT.

ARTIGO 5 – REGULAMENTO E SANCIÓNS:

Aplicación directa do regulamento en vigor WT, tendo potestade ante calquera dúbida ou reclamación o comité organizador, xunto coa dirección arbitral e técnica de cada xornada.

ARTIGO 6 – NORMATIVA EXCEPCIONAL

Tódalas deportistas, adestradoras e árbitros contarán con acreditación para o acceso ás zonas de competición. Será obrigatorio portar DNI en tódolos accesos a pista e zona de competición. O uso de pista e zona de competición será de persoal exclusivamente feminino.

A vulneración de calquera persoa inscrita na competición dos protocolos, tempos, ou estancias irregulares na pista será apercibida verbalmente ata un máximo de dúas ocasións.

O terceiro apercibimento será comunicado por escrito carrexando a descualificación parcial ou total do equipo.

ARTIGO 7 – SISTEMA DE VIDEO REPLAY

Aplicarase o regulamento en vigor. A organización velará polas posibles diferenzas cualitativas entre deportistas con especial atención á integridade, protección persoal e seguridade. A colexiada arbitral terá potestade para mediar e moderar posibles excesos atendendo a criterios de proporcionalidade, congruencia e igualdade, sendo a súa maior premisa a seguridade e benestar das deportistas.

ARTIGO 8 – INFORMACIÓN PARA COMATE:

8.1 – Cada área de combate terá visibles os números de zona e combate en execución en cada instante

8.2 – As competidoras do seguinte combate estará con antelación suficiente na zona de agarda respectiva, previo paso polo control de proteccións.

8.3 – O aforo máximo da zona de agarda será de 1 competidora por cor.

8.4 – Cada equipo garantirá o número suficiente de adestradoras e 'coach' para o transcurso da competición. Un número máximo de 2 chamadas unha vez finalizado o combate precedente implicará como resultado derrota.

8.5 – Cada equipo designará unha capitanía técnica que deberá ser maior de idade, debidamente inscrita e que coordinará ás súas 'coach' (idade mínima 16 anos) así como coa titulación ou acreditación correspondente.

8.6 – As lesións de carácter leve poden ser atendidas pola adestradora con autorización da colexiada central.

8.7 – O protocolo e horarios de entrega de medallas publicarase a semana de competición, debendo de garantir cada equipo a asistencia á mesma. A organización facilitará a información coa antelación suficiente. A ausencia da deportista dará como consecuencia a pérda da medalla e tódolos seus puntos acadados no cómputo de clubs.

ARTIGO 9 – TEMPOS DE COMBATE:

Cadetes: 3 asaltos de 1'30'' + descansos de 45''

Xunior: 3 asaltos de 2' + descansos de 50''

Olímpicos: 3 asaltos de 2' + descansos de 50''

9.1 – A organización resérvase o dereito a realizar modificacións no apartado anterior atendendo a criterios organizativos, tendo obriga de comunicalo en tempo e forma.

9.2 – O acceso á zona de competición será exclusivamente con calzado deportivo axeitado

9.3 – As reclamacións realizaranse por escrito, asinadas pola delegada do club reclamante, á atención da dirección do comité de competición previo depósito dunha taxa de 50€, que será devolto se a reclamación é validada.

ARTIGO 10 – PESAXE:

- Venres 29 novembro – Mondoñedo – de 19 a 21 horas no pavillón de competición.

- Outras opcións de pesaxe serán publicadas e comunicadas en tempo e forma, sempre visibles na web oficial do evento www.taekwondofemenino.com

- Cada deportista deberá identificarse co seu DNI para o acceso do control

- Cada competidora disporá de 2 intentos, cun máximo de 60' entre ambos e dentro do tempo máximo habilitado en cada sede.

- A organización resérvase o dereito a incorporar máis sedes, atendendo ó beneficio organizativo e da deportista que será comunicado con antelación suficiente.

- Aplicaranse as categorías de peso de regulamento WT oficiais.

ARTIGO 11 – SORTEOS:

- Os sorteos de combate realizaranse o luns 25 de novembro e serán aloxados na web da FGT e na web da organización.

- A deportista que non supere o control quedará eliminada contando o seu combate como perdido (DNF)

- O sorteo para a modalidade de técnica indicará a orde de acceso, realizándose dúas rondas en cada categoría segundo ó regulamento das competicións de 'promoción' aloxado no web da FGT.

- A organización resérvase o dereito de realoxar ou reubicar deportistas en divisións de peso coa finalidade da execución de enfrontamentos atendendo a criterios de proporcionalidade. A realización do enfrontamento non será obrigatorio mais os puntos de vitoria do mesmo teranse en consideración.

ARTIGO 12 – DELEGADAS E ÁRBITROS:

Convocarase reunión media hora antes do inicio de cada competición.

Cada club deberá aportar obrigatoriamente dúas árbitros da maior categoría posible, facilitadas na folla de inscrición, coas seguintes dietas:

Dieta 1/2 Xornada AN 50€  -  AR 35€   -  XC 30€

Dieta Xornada Completa  AN 100€ & XANTAR  -  AR 70€ & XANTAR - XC 50€ & XANTAR

A manutención durante o evento será a cargo da organización

ARTIGO 13 – TROFEOS (TÉCNICA E COMBATE)

- Medalla individual para as 4 primeiras clasificadas (ouro, prata e 2 bronces)

- Trofeo para os 3 mellores equipos en cada xornada:

  • Técnica: 3 primeiros clubs
  • Combate cadete: 3 primeiros clubs
  • Combate xúnior: 3 primeiros clubs
  • Combate olímpico: 3 primeiros clubs

- Baremo de resultados:

  • Ouro: 5 puntos
  • Prata: 3 puntos
  • Bronce: 1 punto
  • Combate gañado: 1 punto

ARTIGO 14 – COPA

O equipo con máis puntos no cómputo xeral será o gañador da III Edición segundo a baremación do art.13

A entrega do premio realizarase ó final do evento

A dotación económica do premio será de 400€

Para a entrega de premios seguirase a normativa do art.8.

ARTIGO 15 – INSCRICIÓNS:

Na web oficial da FGT

ARTIGO 16 – DOCUMENTACIÓN:

Os clubs deberán remitir con anterioridade ó 20 de novembro de 2024 a través de correo electrónico copafemeninatkd@gmail.com a seguinte documentación:

- Folla anexa asinada pola directora de club.

- Copia do DNI da directora de club

- Logo ou emblema oficial do club

Para calquera consulta poderán poñerse en contacto no teléfono +34 651577247 ou ben a través do enderezo electrónico de referencia exclusivamente. Durante as xornadas de sábados e domingos non se atenderán consultas telefónicas.

ARTIGO 17 – CONDICIÓNS ECONÓMICAS:

Inscrición de balde, realizada no primeiro tramo; custe de 3€ unha vez finalizado este. Calquera anomalía fóra de prazo obrará un recargo de 5€/deportista.

Entrada de balde

Realízase unha colaboración cunha asociación benéfica de carácter voluntario para o público presente.

ARTIGO 18 – CATEGORÍAS E PESOS

Tódalas categorías se validan por ano de nacemento

18.1 – TÉCNICA:

PREBENXAMÍN

2018 + 2019

B

A

Ata amarelo/laranxa

Laranxa e superiores

Ata T3*

T2 e superiores

BENXAMÍN

2016 + 2017

C

B

A

Ata amarelo/laranxa

Laranxa ata verde/axul

Azul e superiores

Ata T3*

T2 a T6

T5 e superiores

ALEVÍN

2014 + 2015

C

B

A

Ata amarelo/laranxa

Laranxa ata verde/axul

Azul e superiores

Ata T3

T2 a T6

T5 e superiores

INFANTIL

2012 + 2013

C

B

A

Ata amarelo/laranxa

Laranxa ata verde/axul

Azul e superiores

Ata T3

T2 a T6

T6 e superiores

CADETE

2010 + 2011

C

B

A

Ata amarelo/laranxa

Laranxa ata verde/axul

Azul e superiores

Ata T3

T2 a T6

T6 e superiores

XUNIOR

2008+2009

C

B

A

Ata amarelo/laranxa

Laranxa ata verde/axul

Azul e superiores

Ata T3

T2 a T7

T7 e superiores

O formato de técnica será en chave, mediante eliminatorias, realizando cada competidora dous exercizos dentro dos correspondentes ó seu grado, de libre elección, non podendo repetir.

*Excepcionalmente as categorías PrebenxamínB e BenxamínC estarán exentas do apartado anterior; sendo de máis valor unha variabilidade de execución.

** T = Taeguk

O xurado manifestará a gañadora mediante o sistema de cores (vermello e azul) co sistema de bandeiras tradicional, denominado elección directa. A gañadora será a que máis designacións reciba.

ARTIGO 18.B – COMBATE:

Pesos oficiais WT para a tempada 2024.

18.B.1 – Pesos cadete: pesos competición mundial

18.B.2 – Pesos xunior: pesos competición mundial

18.B.3 – Pesos absolutos: pesos de competición olímpicos absolutos

ARTIGO 19 - VARIOS

Toda deportista e club polo feito de inscribirse aceptan a toma, captura e divulgación de todo material audiovisual durante o evento con fins de promoción deportiva atendendo á lexislación vixente.

Todo o non reflexado na presente circular será determinado polos regulamentos da FGT, RFET e WT así como pola comisión de competición do campionato

Mondoñedo, 18 de agosto de 2024.


CERTIFICADO DE LA DIRECCIÓN DE CLUB

D. ______________________________________________ con pasaporte OU DNI Nº ______________ en calidade de directora de club __________________________ certifico que:

  • Competidoras, árbitros, entrenadoras y delegadas del mencionado club, están en posesión de la licencia federativa actual. Están en condiciones psicofísicas de afrontar el evento.

  • Tengo guardado bajo mi tutela los certificados médicos, de ser el caso, responsabilizándome de que todo deportista se encuentra en condiciones óptimas para la práctica deportiva, y de que tienen seguro deportivo que les cubra cualquier tipo de lesión que pudiera producir.

  • Justificante del ingreso de la cuota de inscripción de ser el caso. (acompañar con la hoja de inscripciones)

  • Tengo guardado bajo mi tutela las pertinentes autorizaciones legales de los tutores, para desplazarse y participar en este campeonato los deportistas menores de edad.

Toda esta documentación podrá ser requerida por la organización, para comprobar su validez

Firma:


¡Crea tu página web gratis!