PEQUENAS HISTORIAS
MARÍA BAUTISTA
Internacional, pioneira da arbitraxe, DGAN, brinda seguridade, garantías e unhas capacidades coordinativas máis que necesarias para este evento.
Preside o comité organizador, desinada como a máxima responsable para coordinar e garantizar tódolos asuntos competitivos das dúas xornadas.
¡BENVIDA MARÍA! www.taekwondofemenino.com
CONCHY MARTÍNEZ
Internacional, cunha experiencia inmensa, actualizada, con empatía competitiva máis unha posta en escea que nos brinda seguridade.
Preside a comisión de arbitraxe da III Edición. Será a encargada de velar polo correcto funcionamento das subdireccións arbitrais de combate e técnica designadas pola FGT nas distintas xornadas de competición.
¡BENVIDA CONCHY! www.taekwondofemenino.com
ESPERANZA MEILÁN
🤩Un luxo para nós anunciar que a propia directora de arbitraxe da FGT estará a cargo da xornada do sábado 4 de abril ¡Non podemos estár máis contentas!
👉Xestión da competición, da normativa, coordinación arbitral e unha gran dilixencia para cumprir con tódolos 'timmings' de competición son parte das súas virtudes
¡BENVIDA ESPERANZA!
www.taekwondofemenino.com
NOELIA GÓMEZ
Adestradora, motivadora, tolerante e resolutiva 🙌Unha figura esencial para a dirección técnica desta III edición que será a encargada de apoiar e coordinar tódalas necesidades que teñan competidoras e adestradoras 🔝
¡BENVIDA NOE!
www.taekwondofemenino.com
Sobre nós
A idea xurde en 2021, da man dos Clubs Jansu Vilalba e Biosbardo (Lugo) creando unha sinerxia que pretendía poñer de manifesto a necesidade de potenciar o papel da muller no ámbito do taekwondo en tódolos eidos, creando un evento por e para elas.
Na disciplina de taekwondo, sexa en técnica ou en combate, as mulleres están plenamente integradas, pero somos conscientes dunha necesidade de acadar maiores cotas de participación activa, de visibilizar a súa presenza, o seu traballo, ó tempo que tamén pretendemos facer unha pequena análise de aquelas carencias técnicas, arbitrais, deportivas... nas que profundizar e contribuír.
Dende o noso comezo contamos co apoio incondicional de moitas compañeiras (e compañeiros), procedentes de outros clubs e entidades a quen agrademos de todo corazón a súa axuda. Hoxe contamos a maiores no equipo organizativo con:
- María Bautista Maestre - Árbitro Internacional (XXOO Tokio Paralympic Games)
- Concepción Martínez Carballo - Árbitro Internacional
- Noelia Gómez Fabeiro - Adestradora Colexiada